Inventario de Campás

Igrexa de Santa Columba de Carnota - CARNOTA (GALICIA)

(Referencia: 12246)
Rúa de Santa Comba, Vilar.
15293 CARNOTA


Data de construción Século XVIII.
Descricion Santa Columba de Carnota é un dos templos máis interesante que podemos atopar entre Fisterra e Muros. A súa fábrica, construída no ano 1755, pódese clasificar como pertencente ao barroco clasicista, fiel expoñente da corrente cortesá da arquitectura borbónica.
O interior, abovedado en aresta en case tódolos seus tramos, presenta unha planta a medio camiño entre a cruz latina e a ordenación basilical con tres naves. Consta dunha entrada-vestíbulo sobre a que se eleva unha esvelta torre campanario de dous corpos superpostos rematados en cupuliña e pináculo. Os piares do corpo de campás están formados por pilastras xónicas. Séguelle en planta a nave maior dividida en catro tramos separados, levantándose sobre o último o coro ós pés. Na cabeceira só existe unha ábsida, presidida por un fermoso retablo do escultor Ferreiro, así como a sancristía apegada ó costado esquerdo.
O deseño da fachada principal anuncia formas compositivas neoclásicas que se xeneralizarán no século XIX. A orde corintia das súas catro pilastras, o frontón triangular e un óculo ovalado, enmarcan unha portada con molduras barrocas.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (10-01-2012)
  • BERNAL TORTOSA, Vicente Jesús / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (21-08-2022)
  • FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (28-08-2022)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha Xosé Troiano
    Actualización 31-08-2022

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.OCAMPO, HERMANOS197086368
    Torre-campanarioMaior.OCAMPO, HERMANOS1970103633

  • Ficha reducida (PDF)
  • CARNOTA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 09-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 39 Visitants: 39 Usuaris: 0