Inventario de Campás

Igrexa de Santiago de Berdeogas - DUMBRÍA (GALICIA)

(Referencia: 11897)
A Grixa, s/n.
15151 DUMBRÍA


Descricion Esta igrexa posúe unha planta de salón formada por unha soa nave e unha capela maior; a sancristía está apegada ó muro sur do presbiterio co que comunica directamente. A nave posúe a mesma anchura cá capela maior e está separada desta por medio dun arco triunfal volteado sobre pilastras. Cóbrese con bóveda de formigón armado.
Dúas pequenas capelas aparecen abertas ó interior no muro sur da nave, así como un baptisterio. No muro norte aparecen outras dúas capelas apegadas. Un coro alto construído en madeira sitúase ós pés da nave.
Unha bóveda de canón reforzada por un arco faixón cobre o presbiterio e, nembargantes, a nave aparece cuberta cunha bóveda de canón realizada con formigón armado. toda a edificación presenta ó exterior unha gran definición dos seus volumes constructivos, a través dos que podemos observar as catro capelas, a ábsida e maila nave. Os muros desta edificación relixiosa están percorridos por unha cornixa formada por unha moldura con tres linteis graduados.
Unha gran torre de fermosa factura coroa toda esta fachada pentagonal que está estructurada mediante a superposición de porta, van fornela e torre.
A porta, formada por un arco de medio punto, acolle un van alintelado, de luz rectangular e a fornela está formada por un arco de medio punto. Nela aparece unha escultura de vulto redondo que representa ó santo titular da igrexa.
O corpo principal da torre que acolle as campás ten planta cadrada e coróase cunha cupuliña.
O retablo neoclásico do século XIX que preside esta igrexa consta de dous corpos, dos que sobresae o segundo, que acolle a imaxe do Apóstolo Santiago con indumentaria de peregrino. Esta talla é barroca e pertenceu ó anterior retablo maior, tamén de estilo barroco.
Campás 2 campás.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (25-07-2012)
  • GARRIDO, Santiago / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (18-04-2021)
  • BERNAL TORTOSA, Vicente Jesús / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (07-02-2022)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (08-02-2022)
  • 12 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 18-06-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.PALACIO, DÁMASO183860125
    Torre-campanarioMaior.LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)188675244

  • Ficha reducida (PDF)
  • DUMBRÍA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 09-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 28 Visitants: 28 Usuaris: 0