Campanas de México

Igrexa de Santo Estevo de Morás - ARTEIXO (GALICIA)

Registro de las campanas

Igrexa de Santo Estevo de Morás - ARTEIXO (GALICIA)

Lugar do Igrexario, 2.
15690 ARTEIXO
Descripción Consta de unha soa nave e unha ábsida rectangular abovedada, cos contrafortes unidos en dous arcos semicirculares. O fondo da ábsida ten unha xanela románica, de arcos de medio punto, cegada. A fachada sinxela con saeteiras laterais e portadas ós pés e a ámbolos muros. Coas reformas que se fixeron no século XVIII, desapareceron a fachada e o muro occidental. No interior da nave cubríase de madeira a dúas augas e a ábsida con bóveda de canón apuntada, propia da segunda metade do século XII. No presbiterio éntrase por un arco triunfal apuntado sobre semicolumnas acaroadas.
No ano 1791 desplomouse a cuberta da nave arruinando o muro norte e a fachada. A reparación do enorme dano, obrigou a tapiar cunha porta a ábsida que se mantivo intacta, gastando nela tres mil reais por parte dos feligreses e que lle foron deducidos dos diezmos que a freguesía aboáballe á Colexiata da Coruña. Das intervencións que se fixeron, ademais do dito muro e fachada, engadíuselle a espadana e a sancristía. Do periodo románico consérvanse as pezas labradas dos canzoriños e capiteis do interior da ábsida, con temas zoomorfos e cabezas de can baixo as cornixas. As lousas cadradas do chan antigo cubren na actualidade o adro do templo, mentres a portada sur de arco semicircular e a ventana da ábsida, ámbalas románicas, atópanse, como xa dixemos, tapiadas.
As medidas desta igrexa son de 11,35 metros de longo que coincide con 35 pés carolínxios, unidade francesa de uso común no románico, e que correspondía co tamaño do pé de Carlomagno (pé de rei), e de 6,5 metros de ancho interior da nave, 20 pés carolínxios. O interior da ábsida as medidas son de 5,7 por 4,45 metros (17,5 x 13,5 pés carolínxios).
Os datos coñecidos sobre este templo remóntanse ó ano 1141 na que a viuva do conde Fernando pérez de Traba, Dona Sancha González, retirouse para facer vida monástica ó cenobio de Cambre. A condesa donou ó mosteiro de Cambre, a igrexa e freguesía de Morás, coas súas pertenzas e dereitos, dos que dispoñía por concesión do rei galego Afonso VII.
Hai tamén no século XII referencias a esta igrexa denominada “Moralias” que fora consagrada polo arcebispo Xelmírez. O prelado adquirira varias igrexas xa existentes na comarca de Nendos e Faro, para restauralas e consagralas de novo.
Las campanas 2 campás.
3 Fotos del campanario
Fichas de todas las campanas
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 2022-10-21

Campanas actuales

CampanaFundidorAñoDiámetroPeso
Campá pequena (1)OCAMPO, HERMANOS196468182
Campá grande (2)CAGIGAL PEREDO, JOAQUÍN DE181969190
  • Registro reducido (PDF)
  • ARTEIXO: campanas, campaneros y toques
  • Volver a la página anterior
  • Campanas de México ✱ Actualización 16-06-2024 ✱ 083038@gmail.com